jueves, 18 de abril de 2013

Benxamín mixto EPBazán-Los Rosales 8 - Cía María 34

A pesar do resultado final 34-8 para Cia de María, partido moi competido no que primaron as defensas sobre os ataques, o árbitro (que hai que recordar tamén está en formación) co ánimo de non inxerir no xogo deixou moito contacto físico entre os xogadores, isto provocou unha cantidade excesiva de loitas e polo tanto moitos paróns que non axudaron a ver un bo partido.
Por outra banda e como algo a mellorar nas instalacións, habería que pedir á administración competente que sustituíra os taboleiros de madeira opacos, por uns de metacrilato transparentes e asi non ter que imaxinar dende as gradas as canastras que meten os participantes.

 
 
Crónica elaborada por Cala

No hay comentarios: